A EXCURSIÓN Á SINFÓNICA DE GALICIA
OLA OLAAAAA🙋🙋🙋
Parece que xa a semana chega ao seu fin e xa estamos no VENRES! Desta vez gustaríame desexarvos unha boa finde cunhas audicións MOOOOI SELECTAS!
Acordarédesvos que os de 3º, 4º, 5º e 6º íamos asistir onte (día 2 de abril) a un concerto da marabillosa ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA. Obviamente este evento tivo que ser cancelado pero, malia o confinamento, os músicos da Orquestra Sinfónica decidiron unirse dende a súa casa (aínda que os músicos prefiramos facelo en persoa) e mandarnos ao público unha mensaxe de esperanza coa seguinte obra:
SÉ NIMROD, UN REBELDE, NO TE RINDAS
Edward Elgar (1857-1934)
«Nimrod», Var. nº 9 de «Variaciones enigma» op. 36
«Si te puede el desánimo, la soledad o la tristeza; cuando te falte el aliento o creas que te fallan las fuerzas; cuando el dolor te aplaste o creas que ya todo está perdido, no te rindas: sé Nimrod, rebelde a la espera de un nuevo amanecer en el que volveremos a estar juntos.
No te rindas: quienes cada día construimos la Sinfónica de Galicia te enviamos este mensaje de esperanza tocando sin rendirnos» [OSG]
PD: polo medio destes incribles músicos está o pai dunha das nosas compañeiras tocando a TROMPA, a ver si o atopades!😜
E por último quero deixarvos outro exemplo de unión musical na distancia cunha das mellores Bandas de Música de Galicia, onde moitos nenos e nenas coma vós desfrutan da música e nos mandan a seguinte mensaxe así:
💭💬Podedes comentar nesta publicación que vos pareceron estas dúas audicións💭💬
SEGUIDE SUBINDO OS RETOS QUE O NIVEL ESTANO POÑENDO MOI ALTO OS VOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!😏😏
Vémonos o luns de novo, MUSIAPERTAS E MUSIBICOS😘😘
Hola son Uxia de 6ºD
ResponderEliminarQue ben que xa que non poidamos ir polo menos escoitalos!
Bicos
Xenial poder escoitar a Orquestra Sinfónica dende a casa ! Grazas pola suxerencia Patri . Musiapertas e Musibicos da profe Cris.
ResponderEliminarGracias por compartir con nosotros esta actuación tan especial,mucho ánimo y besos a todos.
ResponderEliminar