Entradas

Mostrando entradas de mayo 3, 2020

RETO 7 GAITAS DE ALCACÉN

Imagen
UNHA SEMANA MÁIS, UN RETO MÁIS!🙋 Xa vin que hai moito talento por Tarrío e moito bailarín e bailarina. Espero que pese á vergonza que a veces sentimos o pasárades ben e bailarádes na casa. Aquí vai o seguinte RETO a ver que vos parece! Déixovos unha introdución ao RETO para que saibades en que consiste👇 Para realizalo necesitaredes ver a explicación detallada que nos fai Abraham Cupeiro neste vídeo👇 Abraham Cupeiro ten unha colección de máis de 200 instrumentos diversos que recuperou do pasado e compilou polo mundo adiante. Tamén é das poucas persoas que na actualidade toca o Karnyx (unha trompeta celta que vedes na imaxe de abaixo). Se queredes saber máis del, premede na ligazón debaixo da imaxe e levaravos á súa páxina web. Páxina web:  https://www.abrahamcupeiro.com/ Subide o vídeo facendo o RETO ao enlace de sempre:   https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Se alguén ten problemas para subilo ou ll

MAIO, MAIO VÉN A TARRÍO 🎶🎵🌸🌹🌼🌻🌺

Imagen
Aí vén o maio,  de frores cuberto. Puxéronse á porta cantando os nenos... (Poema de Curros Enríquez) Comezamos co mes de MAIO, que en Galicia é un mes máxico de poesía e de natureza; por iso se celebran en moitos sitios Os Maios que consiste en facer figuras con flores, ramallos e flores que simbolizan o florecer da primavera e a celebración dun novo ciclo vital. Os nenos danzan arredor desas figuras chamados Maios e inventan coplas para cantarlle. 🌸🌹🌼🌻🌺🍀🌾🌿🌴 Sen embargo, A  CANCIÓN desta semana, ten máis que ver co día de onte, DÍA DA NAI . E esta celebración refléxaa á perfección un dos nosos músicos e cantantes de música tradicional galega máis coñecidos e queridos: XABIER DÍAZ . Este coruñés é un artista completo: compón, baila, canta, toca diversos instrumentos e ademais investiga sobre a nosa música tradicional recompilando centos de cantigas por Galicia adiante. Dende fai uns anos mostra un formato "Xabier Díaz e adufeiras" onde el to