Entradas

Mostrando entradas de abril 12, 2020

RETO 4 "Oh Nanana"👣👣

Imagen
AQUÍ CHEGA UN SÚPER RETO SEMANAAAAAL PARA MOVER ESES PÉS! 👣 👟👟👣 A explicación do reto tédela no seguinte vídeo, como é para facer por parellas podedes facelo entre irmáns, con papá, mamá,...e se o problema é que non atopades parella, déixovos facer unha alternativa creando vós unha mini coreografía nova para esta música tan pegadiza. 👇 EXPLICACIÓN 👇 👇 A música para practicar tédela aquí👇: VEÑA, ANIMÁDEVOS A FACELO QUE É MÁIS FÁCIL DO QUE PARECE,  A PRACTICAAAAR! 👣 👣 E despois subide o voso vídeo ao enlace de sempre:  https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Se alguén ten problemas para subilo ou lle da vergonza mostrarse públicamente, podedes mandarmo por correo especificando se queredes que o comparta ou non a: patriquinper@ceiptarrio.net Os/as que aínda non fixéstedes retos ou tedes algún pendente, animádevos que sempre se está a tempo!😊 VENRES déixovos máis propostas para bailar na FINDE! 💃 🎶

🎵MEGAFONÍA DA SEMANA DO 13 DE ABRIL🎵

Imagen
COMEZAMOS UNHA SEMANA MÁIS, UNHA SEMANA MENOS! Que tal vai todo? Agardo que moi ben e que o blog vos axude a entretervos e atopar na música unha vía de desconexión. Esta semana comezamos con música POP  🎤🎹que era o que lle tocaba ao mes de abril, e a canción escollida non precisa de moita presentación, porque creo que a tedes moi escoitada últimamente... Seguramente escoitades nos medios a canción  💪 RESISTIRÉ💪 . Eu quero achegarvos unha versión que se fixo polo confinamento, reunindo a varios artistas coñecidos porque no propio vídeo salen os músicos que están detrás deses cantantes que tanto admirades e que ás veces, por desgraza, pasan desapercibidos nun segundo plano. Un/unha cantante precisa de músicos, e os músicos que se embarcan en grandes xiras teñen que ser mooooi bos, así que quero que vos fixedes neles👀.  Esta semana gustaríame pedirvos que escoitedes a canción, que ten unha pequena fusión pop-flamenca no medio, e comentedes aquí respondendo 2 preguntas sinxe