Entradas

Mostrando entradas de abril 26, 2020

RETO 6 CREADANZARTE!

Imagen
AQUÍ CHEGA O NOVO RETO! Sei que a moitos/as de vós vos gusta bailar e, dado que o mércores é o Día Internacional da Danza, o RETO ten que ver con iso.  👇 EXPLICACIÓN DO RETO👇 🔽 Eu xa fixen o reto así que o comparto aquí con vós 🔽 Estou desexando ver os vosos bailes así que...veña, animádevos e sacade o coreógrafo e coreógrafa que levades dentro. Só vos tedes que deixar levar pola música e o voso corpo reacciona solo! 😉 E despois subide o voso vídeo ao enlace de sempre:  https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Se alguén ten problemas para subilo ou lle da vergonza mostrarse públicamente, podedes mandarmo por correo especificando se queredes que o comparta ou non a:   patriquinper@ceiptarrio.net MUSIBICOS E MUSIAPERTAS!😘

A SEMANA DO DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Imagen
OLA OLAAAA, XA SALÍSTEDES DAR UN PASEÍÑO??🙋 Esta semana non hai "canción da semana" como sempre porque este MÉRCORES 29 DE ABRIL, É O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA!   E fixen unha escolla de danzas para conmemorar este día que espero que vos gusten. PERO, ANTES DE NADA... DANZA E BAILE SON O MESMO?? (respóndovos no vídeo)👇 1.- Comezamos por un coreógrafo francés, Steev de Sousa, que fixo cun dos seus alumnos unha coreografía moi acorde á nosa situación de confinamiento. Leva por nome "petit frère" (irmán pequeno). Non a intentedes facer na casa😂 2.- Seguimos cun grupo ucraniano, LIGHT BALANCE, que experimenta cos efectos de poñer luces led no seu corpo. E logra uns efectos visuais INCRIBLES!😎 3.- Imos cara a nosa tradición cun dos grupo máis potentes de baile tradicional galego, XACARANDAINA, da Coruña(onde temos camuflada á profe Inés, buscádea bailando😜) Esta é unha actuación recente do verán 2019 en Francia no Festival Interceltico máis