MAIO, MAIO VÉN A TARRÍO 🎶🎵🌸🌹🌼🌻🌺
Aí vén o maio,
de frores cuberto.
Puxéronse á porta
cantando os nenos...
(Poema de Curros Enríquez)
Comezamos co mes de MAIO, que en Galicia é un mes máxico de poesía e de natureza; por iso se celebran en moitos sitios Os Maios que consiste en facer figuras con flores, ramallos e flores que simbolizan o florecer da primavera e a celebración dun novo ciclo vital. Os nenos danzan arredor desas figuras chamados Maios e inventan coplas para cantarlle.
🌸🌹🌼🌻🌺🍀🌾🌿🌴
Sen embargo, A CANCIÓN desta semana, ten máis que ver co día de onte, DÍA DA NAI. E esta celebración refléxaa á perfección un dos nosos músicos e cantantes de música tradicional galega máis coñecidos e queridos: XABIER DÍAZ. Este coruñés é un artista completo: compón, baila, canta, toca diversos instrumentos e ademais investiga sobre a nosa música tradicional recompilando centos de cantigas por Galicia adiante. Dende fai uns anos mostra un formato "Xabier Díaz e adufeiras" onde el toca a pandeireta e canta compañado dunhas cantareiras que tocan o adufe (pandeiro cadrado) e con zanfona e acordeón.
Collede á vosa nai ou avoa e poñédevos a bailar! 💃💃
Xa veredes tamén que en Tarrío temos moitos artistas, non hai máis que ver aos vosos compañeiros Antía e Andrés bailando. Que non os vístedes porque vos invadiu a música para bailar? Pois volvede a ver o vídeo e buscádeos!👀😎
Mañá preséntovos o novo reeeeetooooo, mentres tanto..."miña naiciña meeeu corazón, vente conmigo a bailar ao salón" 🎶🎵
👋😘💁🙋
Hola Patri:
ResponderEliminarCómo ides? Nos po aquí estamos ben.Gracias por compartir esta fermosa peza que da moitas ganas de bailar,e claro que vimos o ben que o pasaban Antia e Andrés bailando cos seus papas,esperamos o novo reto,Musibicos.
Hola Patri soy Jimena de 3ºC, me gusto mucho la canción. Un abrazo.
ResponderEliminar