Entradas

Mostrando entradas de mayo 17, 2020

RETO 9 O RAP DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
YEAH YEAH!  😎 AQUÍ CHEGA, UN NOVO RETO...😎 XA VÍSTEDES ONTE O FÁCIL QUE É COMPOÑER UN RAP COA AXUDA DUN POEMA XA ESCRITO PERO... E CON ISTO DO RAP TEN QUE VER O RETO, NESTE VÍDEO VOLO EXPLICO E VOS DEIXO UN  👇 EXEMPLO FEITO POR MIN 👇 A WEB PARA AS BASES DE RAP É: https://www.hhgroups.com/bases/ (AS QUE TEÑEN UN CADRO VERDE SON DE USO LIBRE) CANDO TEÑADES O RETO PODEDES SUBILO Á CARPETA DO RETO 9 DO DRIVE NESTE ENLACE: https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing OU MANDARMO AO CORREO ELECTRÓNICO: patriquinper@ceiptarrio.net CHAO CHAOOO, A RAPEAR TODO TARRÍO! 😀😎👋

🎵CANCIÓN DA SEMANA LETRAS GALEGAS (18/05)🎵

Imagen
👋OLA OLAA RAPACES E RAPAZAS!👋 VIMOS DE CELEBRAR ONTE UN DÍA MOI IMPORTANTE PARA OS GALEGOS E GALEGAS: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS  CELÉBRASE O 17 DE MAIO PORQUE FOI O DÍA NO QUE A NOSA POETISA MÁIS COÑECIDA, ROSALÍA DE CASTRO , PUBLICOU UN POEMARIO CHAMADO "CANTARES GALLEGOS". DE FEITO EN TARRÍO, DENDE ESTE CURSO TEMOS UNHA AULA DO COLE QUE SE CHAMA COMO A POETISA ROSALÍA PARA HOMENAXEALA. XA SEI QUE ESTE ANO LLE TOCA A HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO PERO A ESCOLLA DA CANCIÓN DESTA SEMANA TEN MOITO QUE VER CO RETO DESTA SEMANA. XA VIMOS AO LONGO DO CURSO QUE TEMOS MOITOS MÚSICOS QUE ESCOLLEN A LINGUA GALEGA PARA AS SÚAS COMPOSICIÓNS EN MÚLTIPLES ESTILOS MUSICAIS (NON SÓ NA NOSA MÚSICA POPULAR). ESTA SEMANA GUSTARÍAME QUE VÍRADES O BEN QUE SE LEVAN A MÚSICA E A POESÍA PARA CREAR FERMOSAS CANCIÓNS. UN DOS ESTILOS MUSICAIS QUE MELLOR SE LEVAN COA POESÍA É O RAP. A ARTISTA DESTA SEMANA É AIDA ALONSO, COÑECIDA COMO 'AID' , UNHA MOZA VIGUESA (INXENIEIRA DE