Entradas

RETO 4 "Oh Nanana"👣👣

Imagen
AQUÍ CHEGA UN SÚPER RETO SEMANAAAAAL PARA MOVER ESES PÉS! 👣 👟👟👣 A explicación do reto tédela no seguinte vídeo, como é para facer por parellas podedes facelo entre irmáns, con papá, mamá,...e se o problema é que non atopades parella, déixovos facer unha alternativa creando vós unha mini coreografía nova para esta música tan pegadiza. 👇 EXPLICACIÓN 👇 👇 A música para practicar tédela aquí👇: VEÑA, ANIMÁDEVOS A FACELO QUE É MÁIS FÁCIL DO QUE PARECE,  A PRACTICAAAAR! 👣 👣 E despois subide o voso vídeo ao enlace de sempre:  https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Se alguén ten problemas para subilo ou lle da vergonza mostrarse públicamente, podedes mandarmo por correo especificando se queredes que o comparta ou non a: patriquinper@ceiptarrio.net Os/as que aínda non fixéstedes retos ou tedes algún pendente, animádevos que sempre se está a tempo!😊 VENRES déixovos máis propostas para bailar na FINDE!...

🎵MEGAFONÍA DA SEMANA DO 13 DE ABRIL🎵

Imagen
COMEZAMOS UNHA SEMANA MÁIS, UNHA SEMANA MENOS! Que tal vai todo? Agardo que moi ben e que o blog vos axude a entretervos e atopar na música unha vía de desconexión. Esta semana comezamos con música POP  🎤🎹que era o que lle tocaba ao mes de abril, e a canción escollida non precisa de moita presentación, porque creo que a tedes moi escoitada últimamente... Seguramente escoitades nos medios a canción  💪 RESISTIRÉ💪 . Eu quero achegarvos unha versión que se fixo polo confinamento, reunindo a varios artistas coñecidos porque no propio vídeo salen os músicos que están detrás deses cantantes que tanto admirades e que ás veces, por desgraza, pasan desapercibidos nun segundo plano. Un/unha cantante precisa de músicos, e os músicos que se embarcan en grandes xiras teñen que ser mooooi bos, así que quero que vos fixedes neles👀.  Esta semana gustaríame pedirvos que escoitedes a canción, que ten unha pequena fusión pop-flamenca no medio, e comentedes aquí respondendo 2 p...

SEMANA SANTA BAILAAANDO!💃💃💃

Imagen
"QUEEN" QUERE BAILARRR MOITO NESTA SEMANA SANTA????? 🙋🙋  EU, EU, EU, EU,...!!! 🙋🙋 👀😜 Seguide subindo os vosos retos, aínda estades a tempo de empezar a facelos os/as que non os fixéstedes👀😜 Como a canción desta semana foi "Don't stop me now" de QUEEN, déixovos 2 propostas para bailalo (sempre rockeando🎸 moito, claro) 1.- Esta é para que vos metades na pel de Freddy Mercury poñéndolle moito sentimento: 2.- Estoutra é para que imaxinedes que sodes súper fans da canción e vos colades no escenario de Queen e aproveitades ese momento de fama dándoo todo como o Panda: VÉMONOS O LUNS, MENTRES TANTO... A BAILARRR! Musibicos e Musiapertas!😘😘

RETO 3 QUEEN!

Imagen
AQUÍ CHEGA O RETOOOOOO... 3!   QUE VAI POÑER A PROBA A VOSA CREATIVIDADE COMO COMPOSITORES E COMPOSITORAS🎤🎵 (EXPLICACIÓN DO RETO) Letra da miña proposta: (estrofa) Levamos xa ben tempo aquí confinados, somos os valentes que nos sacrificamos. Agora temos tempo 'pra' ler e 'pra' xogar escoitar boa música e poñerse a bailar! (retrouso) Veña familias de Tarrío cantade a unha voz, que con música e con vós este encerro lévase mellor! 😉 (fixádevos que os versos teñen que rimar para que sone mellor) 😉 👇 👇 👇 👇 SUBE O TEU VIDEO CO RETO 👇 👇 👇 👇 https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing (A CANCIÓN ORIXINAL EN DIRECTO) VÉMONOS DE NOVO O VENRES QUE VOS DEIXAREI UN REGALIÑO PARA BAILAR A QUEEN NA FINDE 😘✌🎤🎸🎶

🎵🎵 MEGAFONÍA DA SEMANA DO 6 DE ABRIL 🎵🎵

Imagen
✌🎸 COMEZAMOS CO MES DE ABRRRRRIIIIL✌🎸 👑 A canción da semana é... 👑 (vídeo explicativo) 👑 🎸 ✌ 🎵 CANCIÓN 🎵 ✌🎸👑   Agardo que a desfrutedes! Mañá novo reto...relacionado con QUEEN 👑😜

A EXCURSIÓN Á SINFÓNICA DE GALICIA

Imagen
OLA OLAAAAA 🙋🙋🙋 Parece que xa a semana chega ao seu fin e xa estamos no VENRES! Desta vez gustaríame desexarvos unha boa finde cunhas audicións MOOOOI SELECTAS! Acordarédesvos que os de 3º, 4º, 5º e 6º íamos asistir onte (día 2 de abril) a un concerto da marabillosa ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA. Obviamente este evento tivo que ser cancelado pero, malia o confinamento, os músicos da Orquestra Sinfónica decidiron unirse dende a súa casa (aínda que os músicos prefiramos facelo en persoa) e mandarnos ao público unha mensaxe de esperanza coa seguinte obra: SÉ NIMROD, UN REBELDE, NO TE RINDAS Edward Elgar (1857-1934) «Nimrod», Var. nº 9 de «Variaciones enigma» op. 36 «Si te puede el desánimo, la soledad o la tristeza; cuando te falte el aliento o creas que te fallan las fuerzas; cuando el dolor te aplaste o creas que ya todo está perdido, no te rindas: sé Nimrod, rebelde a la espera de un nuevo amanecer en el que volveremos a estar juntos. No te rindas: quienes cada día cons...

RETO 2! DOLORES SE LLAMABA LOLA CON VASO

Empezo o día dicindo que estou súper orgullosa de vós cos retos que fixéstedes, sodes todos uns artistas! A maiores da alegría que supuxo volver vervos as cariñas, o reto estivo máis que superado e fóstedes moi valentes. A ver si se nos suma máis xente agora porque... AQUÍ CHEGA O NOVO RETO!   ( podedes subir aínda o reto 1 para os/as máis despistados/as) 🔽Neste vídeo está na  man DEREITA O VASO (diestros) 🔽 🔽Neste vídeo está na   man ESQUERDA O VASO (zurdos) 🔽 O fragmento musical do RETO déixovolo no enlace onde subimos os vídeos na carpeta:   "RETO 2 DOLORES SE LLAMABA LOLA" 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 SUBE O TEU VÍDEO 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 👇 https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Musibicos e Musiapertas! 💕🎵