Entradas

RETO 8 A MUIÑEIRA

Imagen
RAPACES E RAPAZAS...CHEGA UN SÚPER RETO! 😎🙆 ESTA SEMANA A PROFE SANDRA DE EDUCACIÓN FÍSICA E EU DECIDIMOS UNIRNOS PARA MANDARVOS O MESMO RETO.  QUEREDES SABER DE QUE VAI? DA MUIÑEIRA 🎵 PARA QUE SEXADES UNS/UNHAS EXPERTOS/AS SOBRE O TEMA, FIXEMOS UN PUNTO DE INFORMACIÓN PARA QUE VOS MERGULLEDES EN TODO O QUE TEN QUE VER COA MUIÑEIRA AQUÍ👇🔽: https://view.genial.ly/5eb1b6b6fce0030d382687be/presentation-muineira UNHA VEZ QUE TEÑADES VISTA A INFORMACIÓN, SERÁ MOITO MÁIS FÁCIL FACER O RETO, QUE CONSISTE EN: FACER UN PUNTO DE MUIÑEIRA! PARA A SÚA REALIZACIÓN, DEIXÁMOSVOS ESTE VÍDEO EXPLICATIVO 👇🔽 Unha vez que teñades o voso PUNTO DE MUIÑEIRA gravádeo, coa muiñeira de Lugo de fondo se podedes (está no enlace de info), e subídeo á carpeta de Drive en:   https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing OS/AS QUE SEXADES ALUMNOS/AS DE SANDRA EN EDUCACIÓN FÍSICA, MANDÁDELLE TAMÉN O VÍDEO A ELA A  sandraef@ceiptarrio...

🎵CANCIÓN DA SEMANA DO 11 DE MAIO TARRÍOSKÁ!🎵

Imagen
ARRANCA UNHA NOVA SEMANAAA DO MES DE MAIO!! E COMO ESTE MES, O DÍA 17, SE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTOUVOS POÑENDO ESTE MES MÚSICA "MADE IN GALICIA" ; QUE NON NECESARIAMENTE TEN QUE SER MÚSICA FOLK... ESTA SEMANA TRÁIOVOS UN XÉNERO MUSICAL QUE SEGURAMENTE POUCOS/AS COÑECEDES: O SKA!   E EN GALICIA TEMOS MOOOITOS GRUPOS DE SKA. A CANCIÓN ESCOLLIDA CHÁMASE   🚣🚤 "XENTE DO MAR"🏄🌊🚢 , FACENDO UNHA HOMENAXE A TODOS AQUELES QUE PASAN A SÚA VIDA NO MAR (MARIÑEIROS, MARISCADORAS,...). É COMPOSICIÓN DUN GRUPO CORUÑÉS DE MONTE ALTO CHAMADO: TRAPALLADA .  O VIDEOCLIP FOI GRAVADO NO PORTO DE OZA E PODEDES LER A LETRA DA CANCIÓN DEBAIXO DO VIDEO, EN YOUTUBE. ALGUÉN ME PODERÍA DICIR QUE 2 INSTRUMENTOS DE VENTO APARECEN?  AGARDO QUE VOS GUSTE! EU VOUME POÑER A BAILARRRR! 😘😘 Ata mañá!

RETO 7 GAITAS DE ALCACÉN

Imagen
UNHA SEMANA MÁIS, UN RETO MÁIS!🙋 Xa vin que hai moito talento por Tarrío e moito bailarín e bailarina. Espero que pese á vergonza que a veces sentimos o pasárades ben e bailarádes na casa. Aquí vai o seguinte RETO a ver que vos parece! Déixovos unha introdución ao RETO para que saibades en que consiste👇 Para realizalo necesitaredes ver a explicación detallada que nos fai Abraham Cupeiro neste vídeo👇 Abraham Cupeiro ten unha colección de máis de 200 instrumentos diversos que recuperou do pasado e compilou polo mundo adiante. Tamén é das poucas persoas que na actualidade toca o Karnyx (unha trompeta celta que vedes na imaxe de abaixo). Se queredes saber máis del, premede na ligazón debaixo da imaxe e levaravos á súa páxina web. Páxina web:  https://www.abrahamcupeiro.com/ Subide o vídeo facendo o RETO ao enlace de sempre:   https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Se alguén ten problemas para sub...

MAIO, MAIO VÉN A TARRÍO 🎶🎵🌸🌹🌼🌻🌺

Imagen
Aí vén o maio,  de frores cuberto. Puxéronse á porta cantando os nenos... (Poema de Curros Enríquez) Comezamos co mes de MAIO, que en Galicia é un mes máxico de poesía e de natureza; por iso se celebran en moitos sitios Os Maios que consiste en facer figuras con flores, ramallos e flores que simbolizan o florecer da primavera e a celebración dun novo ciclo vital. Os nenos danzan arredor desas figuras chamados Maios e inventan coplas para cantarlle. 🌸🌹🌼🌻🌺🍀🌾🌿🌴 Sen embargo, A  CANCIÓN desta semana, ten máis que ver co día de onte, DÍA DA NAI . E esta celebración refléxaa á perfección un dos nosos músicos e cantantes de música tradicional galega máis coñecidos e queridos: XABIER DÍAZ . Este coruñés é un artista completo: compón, baila, canta, toca diversos instrumentos e ademais investiga sobre a nosa música tradicional recompilando centos de cantigas por Galicia adiante. Dende fai uns anos mostra un formato "Xabier Díaz e adufeiras" onde el to...

RETO 6 CREADANZARTE!

Imagen
AQUÍ CHEGA O NOVO RETO! Sei que a moitos/as de vós vos gusta bailar e, dado que o mércores é o Día Internacional da Danza, o RETO ten que ver con iso.  👇 EXPLICACIÓN DO RETO👇 🔽 Eu xa fixen o reto así que o comparto aquí con vós 🔽 Estou desexando ver os vosos bailes así que...veña, animádevos e sacade o coreógrafo e coreógrafa que levades dentro. Só vos tedes que deixar levar pola música e o voso corpo reacciona solo! 😉 E despois subide o voso vídeo ao enlace de sempre:  https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Se alguén ten problemas para subilo ou lle da vergonza mostrarse públicamente, podedes mandarmo por correo especificando se queredes que o comparta ou non a:   patriquinper@ceiptarrio.net MUSIBICOS E MUSIAPERTAS!😘

A SEMANA DO DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Imagen
OLA OLAAAA, XA SALÍSTEDES DAR UN PASEÍÑO??🙋 Esta semana non hai "canción da semana" como sempre porque este MÉRCORES 29 DE ABRIL, É O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA!   E fixen unha escolla de danzas para conmemorar este día que espero que vos gusten. PERO, ANTES DE NADA... DANZA E BAILE SON O MESMO?? (respóndovos no vídeo)👇 1.- Comezamos por un coreógrafo francés, Steev de Sousa, que fixo cun dos seus alumnos unha coreografía moi acorde á nosa situación de confinamiento. Leva por nome "petit frère" (irmán pequeno). Non a intentedes facer na casa😂 2.- Seguimos cun grupo ucraniano, LIGHT BALANCE, que experimenta cos efectos de poñer luces led no seu corpo. E logra uns efectos visuais INCRIBLES!😎 3.- Imos cara a nosa tradición cun dos grupo máis potentes de baile tradicional galego, XACARANDAINA, da Coruña(onde temos camuflada á profe Inés, buscádea bailando😜) Esta é unha actuación recente do verán 2019 en Francia no Festival Interceltico máis...

RETO 5 MENSAXE OCULTA!

Imagen
AQUÍ CHEGA O NOVO RETO MUSICAL! 🎵 XA EXPLORAMOS AS NOSAS HABILIDADES MELÓDICAS (reto 1), RÍTMICAS (reto 2), COMPOSITIVAS (reto3), DE COORDINACIÓN (reto 4),...E AGORA TOCA USAR A PARTE MÁIS INTELECTUAL DA MÚSICA:   🎵 A LINGUAXE MUSICAL! 🎵 ESTA SEMANA DÉIXOVOS 2 MENSAXES SECRETAS QUE TEREDES QUE DESCIFRAR EMPREGANDO O NOME DAS NOTAS MUSICAIS PARA PODER RESPONDER A UNHA PREGUNTA.  Seredes capaces de descifralo, queridos/as detectives¿?😎 1er MENSAJE SECRETO PREGUNTA 1: Qué deporte hago cuando llego a la playa¿? 2º MENSAJE SECRETO: PREGUNTA 2:"La música siempre está a..." ¿? CANDO TEÑADES AS DÚAS RESPOSTAS DEIXÁDEAS NUN COMENTARIO NESTE POST CO VOSO NOME E CLASE Por si precisades axuda, déixovos aquí a escala de Do, como vos digo sempre, fixádevos si a nota está na liña ou en espazo; e en cal deles está. *Para os novos ou novas no blog podedes aínda empezar o reto 1, 2, 3,... non hai un prazo cerrado para facelos. Buscádeos nas tres r...