Entradas

Mostrando entradas de 2020

SESIÓN 5º de PRIMARIA (semana del 19 al 23)

Imagen
Hola chiquillos y chiquillas 🙋 , como hoy no puedo estar con vosotros os dejo las tareas para hacer en la sesión. Tienen que quedar ¡TODAS MÁS QUE HECHAS! Portáos bien con el/la profe que vaya a sustituir y ya nos vemos el miércoles que viene sin falta. (LEED BIEN LAS ACTIVIDADES) ¡Casi, casi, estamos en Halloween!🎃👻💀 Este curso conoceremos la canción de una banda sonora de la película "Pesadilla antes de navidad" de Tim Burton. A través de este tema llamado " This is Halloween " trabajaremos las siguientes tareas que os mando y que tenéis que hacer por orden. *TAREA 1: Escucha la canción original, ya que es el inicio de la película y está interpretada por Marilyn Manson, en el siguiente enlace y fíjate en la música y en las voces que cantan: https://www.youtube.com/watch?v=vHLgob-PpIk *TAREA 2 A continuación, vamos a ver la versión que hicieron de este tema " This is Halloween " el grupo Broken Peach: https://www.youtube.com/watch?v=YNiI6C0142g

SESIÓN 4 ANOS (semana do 19 ao 23)

Imagen
  BOS DÍAS!🙋 1) Vemos o vídeo sobre o Samaín de Paco Nogueiras: 2) Repasamos a historia deHalloween de PICA- PICA cantando o retrouso: 3) Cantamos e bailamos a canción do magosto "ARAO" e a de "Corre corre cabaciña": 4) Bailamos a canción del "Saaapito": 5) Imos rematando a clase relaxándonos en SILENCIO a través do ioga: 6) Se sobra tempo, poñemos o conto- musical do OUTONO de Vivaldi: VÉMONOS PRONTO PEQUERRECHOS E PEQUERRECHAS!

SESIÓN 3 ANOS (semana do 19 ao 23)

Imagen
BOS DÍAS!🙋 1) Empezamos vendo este vídeo das notas musicais coa nosa amiga a Trompeta: 2) Repasamos as 2 primeiras cancións deste popurrí das mans cantando e movendo as mans: 3) Repasamos a canción da semana pasada "Si tú tienes...", aplaudindo, silbando, rindo e berrando: 4) Aprendemos a canción do magosto coas castañas: 5) Se sobra tempo, podemos bailar a canción "Eu teño alguén", ver o corto de Mickey coa canción de OUTONO ou ver Conto 3 cerditos. MOITOS BICOS, PEQUERRECHOS E PEQUERRECHAS!

SESIÓN de 4º de PRIMARIA (semana do 19 ao 23)

Imagen
  BOS DÍAS, NENOS E NENAS!🙋 Como hoxe non podo estar con vós, déixovos aquí todo o que tedes que facer co profesor ou profesora que vºaia. Espero que vos portedes ben e lle ensinedes o artistas que sodes. 1º) Fixemos anteriormente un patrón rítmico por grupos con figuras musicais pero... vós sabíades que houbo músicos moi rebeldes que decidiron empregar outros símbolos para facer partituras? Mirade  ↓ Son divertidas, verdade? Pois isto mesmo fixo un chico que creou un programa informático chamado 'Line Rider' para darlle vida á música a través dunha personaxe que se move segundo sona a música, facendo da música clásica unha especie de videoxogo. Escoita o vídeo e fíxate en como se move con cada golpe da música: Gustouvos? O próximo día seguiremos falando disto na aula. 2º) Repasamos a canción do ano pasado de Samaín "CHÚMBALA CACHÚMBALA" cantando e facendo os xestos: 3º) Como este ano demostrástedes ser moi bos en ritmo, póñovos o seguinte reto rítmico de Samaín. Ted

SESIÓN de 3º de PRIMARIA (semana do 19 ao 23)

Imagen
  BOS DÍAS, NENOS E NENAS!🙋 Como hoxe non podo estar con vós, déixovos aquí todo o que tedes que facer co profesor ou profesora que vaia. Espero que vos portedes ben e lle ensinedes o artistas que sodes. 1º) Repasamos a canción do ano pasado do Samaín de DRACULINA cantando e facendo xestos. 2º) Este ano imos aprender unha nova canción relacionada co Samaín pero ubicada en MÉXICO, en que continente se atopa este país? (mirade o mapa). En México, o 1 de Novembro celebran o Día dos Mortos como unha festa chea de color para recordar aos familiares que xa non están e fan desfiles polas rúas cantando e bailando, tendo como norma ir disfrazado de esqueleto. Ademais é típico alí decorar as calaveras con cores e con flores. MIRA! Os nenos e as nenas, tamén cantan e bailan polas rúas. Entre as súas cancións está a que imos aprender este curso "CHÚMBALA CACHÚMBALA". Escóitaa e trata de aprender a letra memorizando que fan as calaveras a cada hora do reloxo. (Escoitámola e vémola 1 vez,

SESIÓN de 2º de PRIMARIA (semana do 19 ao 23)

Imagen
    BOS DÍAS, NENOS E NENAS!🙋 Como hoxe non podo estar con vós, déixovos aquí todo o que tedes que facer co profesor ou profesora que vaia. Espero que vos portedes ben e lle ensinedes o artistas que sodes. 1º) Repasamos a canción do ano pasado do MAGOSTO cantando e dando palmas no retrouso (ailalala): 2º) Sentados, cantamos a canción de Draculina para recordar a letra. Despois de cantala unha vez sentados; poñémonos de pé e cantamos cos xestos que ideamos a semana pasada: 3º) Bailamos o seguinte Just Dance de Halloween escollendo unha das personaxes do vídeo e poñendo caras de asustar: 4º)  Por último, imos escoitar e ver esta canción de Samaín de Paco Nogueiras e despois facedes un debuxo sobre a canción e o que vos transmitiu: ATA PRONTO!

SESIÓN de 1º de PRIMARIA (semana do 19 ao 23)

Imagen
  BOS DÍAS, NENOS E NENAS!🙋 Como hoxe non podo estar con vós, déixovos aquí todo o que tedes que facer co profesor ou profesora que vaia. Espero que vos portedes ben e lle ensinedes o artistas que sodes. 1º) Repasamos a canción do Magosto cantando o retrouso (ailalala) e dando palmas: 2º) Repasamos a canción do magosto do ano pasado cantando e facendo os xestos: 3º) Como xa vén aí tamén o Samaín, imos bailar o Just Dance de Halloween escollendo que personaxe sodes (a meiga verde, a meiga vermella, o señor cabaza ou Drácula): 4º) Por último, imos escoitar e ver esta canción de Samaín de Paco Nogueiras e despois facedes un debuxo sobre a canción e o que vos transmitiu: ATA PRONTO!

🌞🌊👋PECHADO POR VACACIÓNS🌞🌊👋

Imagen
HOXE REMATAMOS CON ESTE BLOG, ESPERANDO QUE EN SETEMBRO VOLVAMOS Á "NORMALIDADE". QUERO DARVOS AS GRAZAS AOS QUE ESTIVÉSTEDES MANDANDO OS RETOS, COMENTANDO AS CANCIÓNS, VÉNDOO DESDE A SOMBRA...PORQUE NOS ANIMÁBADES A SEGUIR BUSCANDO RETOS E SOBRE TODO, FACÍADES QUE A MORRIÑA POR ESTAR XUNTOS/AS NA AULA SE LEVARA MELLOR.  AÍNDA QUE NOS BOTÁRAMOS DE MENOS, ALEGRAMOS UN POUCO AS HORAS CANTANDO E BAILANDO; QUE É A MELLOR TERAPIA QUE PODE EXISTIR.  PARA PECHALO FIXEMOS UN VÍDEO COS RETOS FINAIS QUE NOS ACHEGÁSTEDES (SEI QUE SEGURAMENTE FALTE XENTE) PARA AGRADECERVOS E PARA CELEBRAR QUE XA REMATAMOS O CURSO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE! COMO ÚLTIMA COUSA, GUSTARÍAME QUE AVALIÁRADES VÓS O BLOG NESTE PEQUENO CUESTIONARIO ANÓNIMO, PARA SABER EN QUE FALLAMOS/ACERTAMOS/TEMOS QUE MELLORAR 📝 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScHrQQnp5koW1X014v6tiK1NF_F9v6ql7oo5LqOuyebA1TJ3g/viewform? usp=sf_link   📝 🌞🌊👋 FELICES VACACIÓNS! DISFRUTADE E MOITA MÚSICA BAIXO O SOL! 🌞🌊👋 VÉMONOS MOI P

RETO FINAL!

Imagen
👋 OLA OLAAAA👋 SINTO DICIRVOS QUE CHEGOU O ÚLTIMO RETO E É UN RETO SINXELO, PORQUE VOS NECESITO PARA DARLLE AS VACACIÓNS DE VERÁN A ESTE BLOG MUSICAL, CA ESPERANZA DE QUE CANDO CHEGUE SETEMBRO TODO ESTÉ TAN BEN QUE POIDAMOS VERNOS NA NOSA MARABILLOSA CLASE DE MÚSICA. QUE TEDES QUE FACER ESTA SEMANA? TEDES QUE ENVIARME (NO DRIVE OU POR CORREO)  ANTES DE DOMINGO,   UN PEQUENO VÍDEO (10 SEGUNDOS OU ASÍ) ONDE SAIADES VÓS BAILANDO (TI SOLO/A, CUNHA PANCARTA, DISFRAZADO/A, COA TÚA FAMILIA,...ETC, COMO VÓS QUEIRADES) BAILAR O QUE? BAILAR UN FRAGMENTO PEQUENO DA CANCIÓN DA SEMANA "Y VOLAR" DE LA PEGATINA QUE SUBÍN ONTE, O FRAGMENTO QUE MÁIS VOS GUSTE! POR QUE E PARA QUE? PORQUE SE EMPEZAMOS EN SETEMBRO XUNTOS, ACABAREMOS XUÑO XUNTOS AÍNDA QUE SEXA VIRTUALMENTE E PARA QUE O PRÓXIMO LUNS 15 DE XUÑO, POIDADES VER NESTE BLOG A ÚLTIMA PUBLICACIÓN ONDE VÓS SEREDES OS/AS PROTAGONISTAS. É O ÚLTIMO ESFORZO💪 QUE VOS PIDO. SUBIDE O VÍDEO AO DRIVE NA CARPETA "RETO FINAL" OU ENVIÁD

CANCIÓN DA SEMANA 8/06 Y VOLAAAAR 🐤🐥👐

Imagen
💗 💛 BOS DÍAAAAS A                           TODOS E A TODAS💛💗 ESTA É A NOSA PENÚLTIMA SEMANA E O BLOG VAI CHEGANDO AO SEU FIN 😔 PERO...ISO É BO PORQUE CHEGA O VERÁN🌞🌊 QUE TANTO NOS GUSTA, E ESA SENSACIÓN DE  😁 ALEGRÍA 😊 É A QUE VOS QUERO TRANSMITIR COA CANCIÓN DESTA SEMANA. HOXE VEÑO CUN GRUPO CATALÁN QUE SE CHAMA: LA PEGATINA , TAL E COMO SE DESCRIBEN NA SÚA PÁXINA WEB, SON O MELLOR REVULSIVO EMOCIONAL QUE PODE HABER NUN ESCENARIO. A SÚA FESTA É INUSUAL POR SER ENÉRXICA, DIVERTIDA E BAILABLE. NUNCA SE CANSAN DE REPARTIR ALEGRÍA E LOUCURA ALÁ POR ONDE PASAN. FORON VISTOS EN MÁIS DE 30 PAÍSES (MÉXICO, ARXENTINA, ECUADOR, URUGUAY, CHINA, XAPÓN, CANADÁ E GRAN PARTE DE EUROPA) E SUPERANDO OS 1100 CONCERTOS EN SÓ 15 ANOS DE EXISTENCIA. O SEU ESTILO É VARIADO: PASAN DO MERENGUE Á RUMBA OU AO SKA CON GRAN FACILIDADE (...) EDITOU 6 DISCOS, UN DOCUMENTAL E UN VIDEOXOGO. A CANCIÓN ESCOLLIDA , CHÁMASE "Y VOLAR" 🐤🐥👐 QUE É MOI MOVIDA E FESTIVA E FALA DE OLVIDAR TODO O MALO, N

RETO 11 FRÈRE JACQUES PIANO

Imagen
OLAAA SÚPER ARTISTAS! 😃👋 SODES UNS CRACKS DO RITMO, DO BAILE, DO CANTO,... PERO HOXE TRAIO UNHA MISIÓN UN POUCO COMPLICADA PORQUE ESTE XA É UN DOS ÚLTIMOS RETOS;  PERO EU SEI QUE SEREDES MÁIS QUE CAPACES 💪😏 👇 EXPLICACIÓN DO RETO👇 🎶 PARTITURA DA CANCIÓN🎶 🎹  PIANO VIRTUAL CON NOTAS  🎹 (PARA 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA) https://www.musicca.com/es/piano 🎹 PIANO DE CORES  🎹 (PARA OS DE 1º E 2º DE PRIMARIA IGUAL É MÁIS FÁCIL SEGUIR AS NOTAS POR CORES) https://www.cokitos.com/piano-para-bebes/play/ ENTENDO QUE ESTA VEZ IGUAL VOS É DIFÍCIL MANDAR VÍDEO PORQUE SE NECESITAN 2 DISPOSITIVOS, PERO SI QUEREDES MANDARMO PODEDES SUBILO AO DRIVE COMA SEMPRE EN:   https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing OU AO MEU EMAIL: patriquinper@ceiptarrio.net SENÓN SEMPRE ME PODEDES COMENTAR QUE TAL VOS FOI A EXPERIENCIA NESTE POST. PRACTICADE PARA QUE VOS SALGA E DESFRUTADE DO PIANO 🎹 , AÍNDA QUE SEXA VIRTUAL E... NON VOS DURMADES AÍNDA QUE S

CANCIÓN DA SEMANA 01/06 BIG BAND

Imagen
OLA OLAAA👋👋 VAIA,...XA ESTAMOS EN XUÑO! O TEMPO VOA PORQUE XA ESTAMOS A PIQUES DE REMATAR O CURSO. ESTA SEMANA TRÁIOVOS UN CONCEPTO NOVO DE ORQUESTRA QUE NON TEN NADA QUE VER NIN COA ORQUESTRA SINFÓNICA NIN COAS ORQUESTRAS DE VERBENA (PANORAMA, COMBO,...) ESTAS ORQUESTRAS CHÁMANSE:  🎺🎷 BIG BAND! ( ORQUESTRA GRANDE ) EN GALICIA TEMOS VARIAS BIG BANDS E DE CALIDADE (sobre todo na Coruña) PERO HOXE DÉIXOVOS A   🎤🎷GALLAECIA BIG BAND 🎷 🎤 (como vedes hai un solo de trombón e de saxofón) E COMO ESTAMOS REMATANDO O CURSO REGÁLOVOS OUTRA CANCIÓN (2X1), TAMÉN DA GALLAECIA BIG BAND QUE FIXERON ESTES DÍAS DE CONFINAMETO CON AMIGOS ACTORES/ACTRICES E TAMÉN MÚSICOS NESTE VÍDEO SAE A GAITEIRA SUSANA SEIVANE , QUE A TEMOS PRETO DO COLE PORQUE... XA VEDES QUE ESTAMOS RODEADOS DE ARTISTAS! MUSIBICOS E MUSIAPERTAS🥰😘

RETO 10 BIM BUM 🐦🐤👏

Imagen
🐦🐤👏 XA CHEGAMOS AO RETO 10! 🐦🐤👏 👇🔻EXPLICACIÓN DO RETO 🔻 👇 O VÍDEO DE YOUTUBE PARA PRACTICAR É ESTE (ACONSÉLLOVOS EMPEZAR AS 2 PRIMEIRAS VECES SENDO O PAXARO VERMELLO 🐦 O FRAGMENTO QUE TEDES QUE GRAVAR PARA O RETO E PASARMO É O MÁIS RÁPIDO,  QUE VOLO DEIXO AQUÍ ABAIXO 🔻 CANDO TEÑADES O RETO PODEDES SUBILO Á CARPETA DO RETO 10 DO DRIVE NESTE ENLACE: https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing OU MANDARMO AO CORREO ELECTRÓNICO: patriquinper@ceiptarrio.net AGARDO QUE O PASEDES BEN CO RETO, VÉMONOS LUNS! MUSIBICOS E MOITAS MUSIAPERTAS 😘

CANCIÓN DA SEMANA DO 25/05

Imagen
👋OLA OLAAA!😀 XA ENTRAMOS NA DERRADEIRA SEMANA DE MAIO E QUERO ACABAR O MES CUN TEMA RELACIONADO CO ÚLTIMO RETO PRESENTÁNDOVOS A UNHA DAS NOSAS ARTISTAS MÁIS INTERNACIONAIS NA MÚSICA HIPHOP E URBANA ... O SEU NOME ARTÍSTICO É WÖYZA , É UNHA MOZA DE MOAÑA QUE SE CRIOU EN VIGO E QUE DENDE ADOLESCENTE COLABORA CON DISTINTOS RAPEIROS DE ESPAÑA E PORTUGAL ATA QUE NO 2008 SE LANZA ELA SOLA A FACER A SÚA MÚSICA. DESDE ESE INSTANTE...🌍NOVA YORQUE, EUROPA, SUÍZA, LATINOAMÉRICA 🌍 ...ACOLLEN OS SEUS CONCERTOS CON MOITO ÉXITO. GÚSTALLE MISTURAR O HIPHOP CON OUTROS ESTILOS MUSICAIS, SOBRE TODO CO SOUL (de aí o uso de coros) , PERO TAMÉN FIXO NO 2018 UNHA FUSIÓN COA MÚSICA TRADICIONAL E O BAILE TRADICIONAL QUE LEVOU POLO MUNDO ADIANTE.  ELA É UNHA MULLER MOI INDEPENDENTE E PASOU DE TER IMPORTANTES PRODUCTORES MUSICAIS A CASI PRODUCIRSE SOLA; E É DAS QUE PENSA QUE MELLOR FACER POUCAS CANCIÓNS E QUE CHEGUEN AO CORAZÓN 💗 DO QUE ESCOITA, QUE MOITAS SIN SENTIDO 👎.  TEN ESTUDOS DE TÉ

RETO 9 O RAP DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
YEAH YEAH!  😎 AQUÍ CHEGA, UN NOVO RETO...😎 XA VÍSTEDES ONTE O FÁCIL QUE É COMPOÑER UN RAP COA AXUDA DUN POEMA XA ESCRITO PERO... E CON ISTO DO RAP TEN QUE VER O RETO, NESTE VÍDEO VOLO EXPLICO E VOS DEIXO UN  👇 EXEMPLO FEITO POR MIN 👇 A WEB PARA AS BASES DE RAP É: https://www.hhgroups.com/bases/ (AS QUE TEÑEN UN CADRO VERDE SON DE USO LIBRE) CANDO TEÑADES O RETO PODEDES SUBILO Á CARPETA DO RETO 9 DO DRIVE NESTE ENLACE: https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing OU MANDARMO AO CORREO ELECTRÓNICO: patriquinper@ceiptarrio.net CHAO CHAOOO, A RAPEAR TODO TARRÍO! 😀😎👋

🎵CANCIÓN DA SEMANA LETRAS GALEGAS (18/05)🎵

Imagen
👋OLA OLAA RAPACES E RAPAZAS!👋 VIMOS DE CELEBRAR ONTE UN DÍA MOI IMPORTANTE PARA OS GALEGOS E GALEGAS: O DÍA DAS LETRAS GALEGAS  CELÉBRASE O 17 DE MAIO PORQUE FOI O DÍA NO QUE A NOSA POETISA MÁIS COÑECIDA, ROSALÍA DE CASTRO , PUBLICOU UN POEMARIO CHAMADO "CANTARES GALLEGOS". DE FEITO EN TARRÍO, DENDE ESTE CURSO TEMOS UNHA AULA DO COLE QUE SE CHAMA COMO A POETISA ROSALÍA PARA HOMENAXEALA. XA SEI QUE ESTE ANO LLE TOCA A HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO PERO A ESCOLLA DA CANCIÓN DESTA SEMANA TEN MOITO QUE VER CO RETO DESTA SEMANA. XA VIMOS AO LONGO DO CURSO QUE TEMOS MOITOS MÚSICOS QUE ESCOLLEN A LINGUA GALEGA PARA AS SÚAS COMPOSICIÓNS EN MÚLTIPLES ESTILOS MUSICAIS (NON SÓ NA NOSA MÚSICA POPULAR). ESTA SEMANA GUSTARÍAME QUE VÍRADES O BEN QUE SE LEVAN A MÚSICA E A POESÍA PARA CREAR FERMOSAS CANCIÓNS. UN DOS ESTILOS MUSICAIS QUE MELLOR SE LEVAN COA POESÍA É O RAP. A ARTISTA DESTA SEMANA É AIDA ALONSO, COÑECIDA COMO 'AID' , UNHA MOZA VIGUESA (INXENIEIRA DE

RETO 8 A MUIÑEIRA

Imagen
RAPACES E RAPAZAS...CHEGA UN SÚPER RETO! 😎🙆 ESTA SEMANA A PROFE SANDRA DE EDUCACIÓN FÍSICA E EU DECIDIMOS UNIRNOS PARA MANDARVOS O MESMO RETO.  QUEREDES SABER DE QUE VAI? DA MUIÑEIRA 🎵 PARA QUE SEXADES UNS/UNHAS EXPERTOS/AS SOBRE O TEMA, FIXEMOS UN PUNTO DE INFORMACIÓN PARA QUE VOS MERGULLEDES EN TODO O QUE TEN QUE VER COA MUIÑEIRA AQUÍ👇🔽: https://view.genial.ly/5eb1b6b6fce0030d382687be/presentation-muineira UNHA VEZ QUE TEÑADES VISTA A INFORMACIÓN, SERÁ MOITO MÁIS FÁCIL FACER O RETO, QUE CONSISTE EN: FACER UN PUNTO DE MUIÑEIRA! PARA A SÚA REALIZACIÓN, DEIXÁMOSVOS ESTE VÍDEO EXPLICATIVO 👇🔽 Unha vez que teñades o voso PUNTO DE MUIÑEIRA gravádeo, coa muiñeira de Lugo de fondo se podedes (está no enlace de info), e subídeo á carpeta de Drive en:   https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing OS/AS QUE SEXADES ALUMNOS/AS DE SANDRA EN EDUCACIÓN FÍSICA, MANDÁDELLE TAMÉN O VÍDEO A ELA A  sandraef@ceiptarrio.net O meu c

🎵CANCIÓN DA SEMANA DO 11 DE MAIO TARRÍOSKÁ!🎵

Imagen
ARRANCA UNHA NOVA SEMANAAA DO MES DE MAIO!! E COMO ESTE MES, O DÍA 17, SE CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ESTOUVOS POÑENDO ESTE MES MÚSICA "MADE IN GALICIA" ; QUE NON NECESARIAMENTE TEN QUE SER MÚSICA FOLK... ESTA SEMANA TRÁIOVOS UN XÉNERO MUSICAL QUE SEGURAMENTE POUCOS/AS COÑECEDES: O SKA!   E EN GALICIA TEMOS MOOOITOS GRUPOS DE SKA. A CANCIÓN ESCOLLIDA CHÁMASE   🚣🚤 "XENTE DO MAR"🏄🌊🚢 , FACENDO UNHA HOMENAXE A TODOS AQUELES QUE PASAN A SÚA VIDA NO MAR (MARIÑEIROS, MARISCADORAS,...). É COMPOSICIÓN DUN GRUPO CORUÑÉS DE MONTE ALTO CHAMADO: TRAPALLADA .  O VIDEOCLIP FOI GRAVADO NO PORTO DE OZA E PODEDES LER A LETRA DA CANCIÓN DEBAIXO DO VIDEO, EN YOUTUBE. ALGUÉN ME PODERÍA DICIR QUE 2 INSTRUMENTOS DE VENTO APARECEN?  AGARDO QUE VOS GUSTE! EU VOUME POÑER A BAILARRRR! 😘😘 Ata mañá!

RETO 7 GAITAS DE ALCACÉN

Imagen
UNHA SEMANA MÁIS, UN RETO MÁIS!🙋 Xa vin que hai moito talento por Tarrío e moito bailarín e bailarina. Espero que pese á vergonza que a veces sentimos o pasárades ben e bailarádes na casa. Aquí vai o seguinte RETO a ver que vos parece! Déixovos unha introdución ao RETO para que saibades en que consiste👇 Para realizalo necesitaredes ver a explicación detallada que nos fai Abraham Cupeiro neste vídeo👇 Abraham Cupeiro ten unha colección de máis de 200 instrumentos diversos que recuperou do pasado e compilou polo mundo adiante. Tamén é das poucas persoas que na actualidade toca o Karnyx (unha trompeta celta que vedes na imaxe de abaixo). Se queredes saber máis del, premede na ligazón debaixo da imaxe e levaravos á súa páxina web. Páxina web:  https://www.abrahamcupeiro.com/ Subide o vídeo facendo o RETO ao enlace de sempre:   https://drive.google.com/drive/folders/1wJ6i4V_6RocYZ9hSuodNxsMofwQqRnkO?usp=sharing Se alguén ten problemas para subilo ou ll

MAIO, MAIO VÉN A TARRÍO 🎶🎵🌸🌹🌼🌻🌺

Imagen
Aí vén o maio,  de frores cuberto. Puxéronse á porta cantando os nenos... (Poema de Curros Enríquez) Comezamos co mes de MAIO, que en Galicia é un mes máxico de poesía e de natureza; por iso se celebran en moitos sitios Os Maios que consiste en facer figuras con flores, ramallos e flores que simbolizan o florecer da primavera e a celebración dun novo ciclo vital. Os nenos danzan arredor desas figuras chamados Maios e inventan coplas para cantarlle. 🌸🌹🌼🌻🌺🍀🌾🌿🌴 Sen embargo, A  CANCIÓN desta semana, ten máis que ver co día de onte, DÍA DA NAI . E esta celebración refléxaa á perfección un dos nosos músicos e cantantes de música tradicional galega máis coñecidos e queridos: XABIER DÍAZ . Este coruñés é un artista completo: compón, baila, canta, toca diversos instrumentos e ademais investiga sobre a nosa música tradicional recompilando centos de cantigas por Galicia adiante. Dende fai uns anos mostra un formato "Xabier Díaz e adufeiras" onde el to