SESIÓN de 4º de PRIMARIA (semana do 19 ao 23)
BOS DÍAS, NENOS E NENAS!🙋
Como hoxe non podo estar con vós, déixovos aquí todo o que tedes que facer co profesor ou profesora que vºaia. Espero que vos portedes ben e lle ensinedes o artistas que sodes.
1º) Fixemos anteriormente un patrón rítmico por grupos con figuras musicais pero... vós sabíades que houbo músicos moi rebeldes que decidiron empregar outros símbolos para facer partituras? Mirade ↓
Son divertidas, verdade? Pois isto mesmo fixo un chico que creou un programa informático chamado 'Line Rider' para darlle vida á música a través dunha personaxe que se move segundo sona a música, facendo da música clásica unha especie de videoxogo. Escoita o vídeo e fíxate en como se move con cada golpe da música:
Gustouvos? O próximo día seguiremos falando disto na aula.
2º) Repasamos a canción do ano pasado de Samaín "CHÚMBALA CACHÚMBALA" cantando e facendo os xestos:
3º) Como este ano demostrástedes ser moi bos en ritmo, póñovos o seguinte reto rítmico de Samaín. Tedes que imitar aos chicos, que sempre contan ata 4 antes de empezar. ÁNIMO que o próximo día fago proba de como vos sale!
4º) Toca poñerse en pé no noso sitio para bailar un Just Dance de Halloween que coñecedes moi ben:
5º) Por último, vemos o seguinte vídeo da canción titulada "Danza Macabra" de música clásica do compositor Camille Saint-Säens e, se sobra tempo podedes facer un debuxo sobre o que vos suxire esta música esquelética.
ATA PRONTO!
Comentarios
Publicar un comentario